BONILLA NO TEU ESTABLECEMENTO
Tes un negocio de hostalería ou unha tenda de alimentación? Gustaríache atraer máis clientes ofrecendo os churros e patacas fritas de Bonilla a la Vista? Establecementos en todo o mundo xa apostan polos nosos produtos para diferenciarse da súa competencia. Restaurantes, cafeterías, tendas delicatessen… Todo o sabor e a calidade de Bonilla a la Vista, agora no teu negocio.
OS TEUS CLIENTES,
O MELLOR PARA
O TEU NEGOCIO
Bar, restaurante, hotel, calquera que sexa o teu negocio ou se és distribuidor,
en Bonilla atoparás un aliado que completará á perfección a túa oferta:
CINCO BENEFICIOS PARA O TEU NEGOCIO

PRODUTO PREMIUM
Incluirás un produto premium na túa oferta, reafirmando a calidade dos teus produtos.

MÁIS MARXE
Aumentarás a marxe da túa categoría de patacas fritas.

MÁXIMA CALIDADE
Premiarás aos teus clientes cun produto da máxima calidade.

COMPROMISO
Contarás co respaldo dun provedor de máxima calidade, fiable e comprometido cos seus clientes.

PRODUTO DIFERENCIAL
Disporás dun produto diferencial cunha demanda que non deixa de crecer: a singular lata de patacas Bonilla.
POR SE FORA POUCO…
Pataca seleccionada de primeira calidade, corte ao milímetro, 100% aceite de oliva,,
última tecnoloxía na fabricación e dilatada experiencia creando unhas patacas fritas únicas.
¿Precisas máis motivos para ofrecer patacas Bonilla aos teus clientes?