
PATACAS
PATACAS BONILLA,
POR 5 RAZÓNS
PATACAS SELECCIONADAS
Igual que un veleiro precisa do vento para chegar a bo porto, as nosas patacas esixen unha materia prima de primeira calidade e provedores de confianza. Son a base do sabor Bonilla.
CORTE AO MILÍMETRO
Coller unha pataca frita e sentir como trisca ao mordela, é un #momentoBonilla produto do traballo, esforzo e numerosos ensaios da nosa tripulación. Porque non é o mesmo navegar a once que a doce nós, tampouco é o mesmo un corte perfectamente definido que ao azar. No noso corte, está parte do segredo Bonilla a la vista.
ACEITE, ¡DE OLIVA!
Patacas sempre fritas en aceite de oliva para acadar un sabor único, como os momentos que acompañarán ás patacas Bonilla. Con todo, a clave non está só no aceite, o seu uso tamén é capital: as patacas Bonilla frítense en aceite decantado e perfectamente filtrado para evitar as impurezas. Ademais, o aceite é 100% galego e en cada quenda de fritido renovamos 600 litros, para que as patacas Bonilla teñan o mellor sabor.
TECNOLOXÍA
Unha boa tripulación e un bo navío son elementos indispensables para obter as mellores patacas Bonila. Xeración tras xeración, Bonilla céntrase en ofrecer as mellores patacas e para iso, é preciso que tecnoloxía e persoas colaboren dende a selección inicial das patacas ata o envasado das mesmas.
EXPERIENCIA
Son moitos anos atravesando os mares: décadas de traballo e vontade permanente de mellorar cada detalle para sorprender aos amantes dos #momentosBonilla. A experiencia e dedicación da nosa tripulación lévanos ata as exquisitas patacas Bonilla a la vista.



A miña lata sempre
CHEA
Subscríbete a “A miña lata sempre chea” e recibe cada mes unha lata coas túas patacas favoritas e moitas sorpresas máis…porque quedar sen provisións a metade da travesía non é boa idea.