HISTORIA

Bonilla a la vista sempre vai contigo neses pequenos momentos do día a día: unha tarde con amigos, unas cervexas no bar, o aniversario do cativo da casa, desfrutar da brisa do mar tras unha tarde de surf… momentos únicos e irrepetibles que xorden tras moitos anos de traballo, experiencia e dedicación. ¡Descobre que hai detrás de Bonilla a la vista no noso diario de abordo!

1932

INICIAMOS A TRAVESÍA

Bonilla a la vista solta amarras e lánzase a conquista do océano. A nosa travesía comeza en Ferrol, no ano 1932 ás ordes de Salvador Bonilla, pai do actual capitán, César Bonilla. Salvador movíase coma pez na auga pola xeografía galega co seu posto de feira repleto de momentos de felicidade. Percorría vilas e aldeas coas súas deliciosas patacas fritas e saborosos churros. Ademais, nese mismo ano abre a súa primeira churrería na rúa Benito Vicetto en Ferrol. Os momentos Bonilla a la vista chegaran para quedar.

1949

DESEMBARCAMOS NA CORUÑA

O mar estivo especialmente bravo no outono de 1949, pero iso non impediu que a nave atracara en bo porto. En novembro, os momentos Bonilla a la vista instaláronse na rúa do Orzán, 138 na Coruña.

1958

FORTE MAREXADA

Un ano de forte marexada que comeza co traslado da churrería da rúa Galera, onde moitos nativos coruñeses fondeaban habitualmente para desfrutar dos xa coñecidos momentos Bonilla a la vista. Esa forte marexada derivou en tempestade: á tripulación Bonilla a la vista éralle imposible crear de forma artesanal os seus produtos, polo que o capitán daquel momento (pai do actual) deu orde de deter a elaboración das patacas fritas. Con todo, a idea non desapareceu de todo e 30 anos despois, as patacas Bonilla a la  vista regresaron a porto.

ANOS 90 E 2000

A FLOTA CRECE

Unha era chea de novos navíos na nosa flota, con aperturas de novas churrerías Bonilla a la vista na cidade da Torre de Hércules: no primeiro andar do centro comercial Catro Camiños (1992), na rúa Barcelona, 43 (1996), na rúa Real, 54 (1997), Juan Flórez, 30 (2002), Ramón y Cajal, 45 (2006) e Ronda de Outeiro (2010). Os momentos Bonilla a la vista chegaban así a diferentes puntos da cidade da Coruña.

2010

ATRACAMOS EN BARCELONA

Os momentos Bonilla a la vista expándense e lánzanse á conquista de Cataluña. Con Olivas Selección, atracamos no porto de Barcelona dende onde se envían as nosas patacas, churros e chocolates a diferentes establecementos hostaleiros e de venta ao público da zona.

2014

BONILLA a la vista ESTÁ DE MODA

Aos franceses gústanlle tanto as nosas patacas Bonilla a la vista, que ademais de vendelas en selectos lugares coma La Grande Épicérie de París, entre outros establecementos, as grandes firmas de moda tamén as sacan nas súas campañas de publicidade. É o caso da firma Balmain, que contou coa nosa bolsa de patacas fritas na súa campaña primavera-verán 2014.

2016

DESEMBARCAMOS
EN COREA

Sen dúbida, a nosa travesía máis longa. En abril de 2016 atracamos en Corea do Sur coas nosas deliciosas patacas Bonilla a la vista. A acollida for extraordinaria dende a chegada a porto, onde nos esperaban rostros coñecidos da sociedade coreana, ata a inmersión en terra (as existencias rematáronse en dúas horas), ¡as nosas patacas chegaron a saír en televisión! Actualmente, os nosos navíos transportan dous contedores cheos de patacas fritas Bonilla a la vista cada mes a Corea do Sur.

2017

ANIVERSARIO ESPECIAL

Celebramos o noso 85 aniversario por todo o alto, renovando o buque no que nacen os momentos Bonilla a la vista: a nosa fábrica. Unha inversión de máis de medio millón de euros e tecnoloxía punta como o noso novo tren de frito cun “ollo máxico” que detecta e descarta pezas queimadas ou manchadas.

1942

¡MÁIS NAVÍOS!

Os momentos Bonilla a la vista arrasaban alá por onde ían, o negocia ía vento en popa a toda vela. Salvador chegou a rexentar un hotel e un café de verán nos anos seguintes

1950

A MOTO GUZZI, UN SÍMBOLO DE BONILLA a la vista

En terra firme, os momentos Bonilla a la vista eran aclamados por coruñeses e coruñesas. A bicicleta primeiro, e a moto Bonilla a la vista da marca Guzzi, despois, convertéronse nos nosos navíos de terra, repartindo patacas fritas envasadas en latas retornables de 1 kg ás cafetarías da cidade. Os momentos Bonilla a la vista xa estaban dispoñibles en terra firme, máis alá da nosa churrería.

1988

¡ARTEIXO Á VISTA!

Grazas á creación da fábrica Bonilla a la vista no polígono de Sabón en Arteixo, non moi lonxe do mar, as patacas Bonilla a la vista regresaron á porto. A mellor materia prima (pataca seleccionada e aceite de oliva) fusiónanse para conseguir a calidade habitual e crear pequenos momentos de felicidade en canto se abre a lata Bonilla a la vista.

2008

PREMIO CARREFOUR A MELLOR PEME GALEGA

En outubro de 2008 recibimos un importante recoñecemento ao noso traballo. Os clientes de Carrefour a través dos seus votos elixíronos como a mellor PEME agroalimentaria galega do ano, entre outras 90 empresas e 625 produtos galegos, ¡seguro que todos os votantes desfrutaron máis dunha vez dos deliciosos momentos Bonilla a la vista e iso tivo moito que ver!

2013

DO YOU SPEAK ENGLISH?

A travesía continúa e esta vez os nosos barcos afástanse como nunca partindo en dúas direccións diferentes: primeiro desembarcamos no Reino Unido, chegando incluso ao despacho do alcalde de Londres naquel momento, Boris Jonhson, ao que non lle faltaba unha das nosas latas Bonilla a la vista na súa oficina. Ao mesmo tempo, chegamos aos Estados Unidos, onde o gran chef, José Andrés incorporou as nosas deliciosas patacas no seu negocio. En 2013 os momentos Bonilla a la vista traspasan fronteiras.

2016

A CHURRERÍA DA RÚA
GALERA,PERDE O SEU SÍMBOLO

Un dos momentos máis duros para a comunidade Bonilla a la vista e para os amantes dos momentos Bonilla a la vista. A gran Lolita Bonilla, esposa do capitán, César Bonilla, déixanos aos 81 anos. Toda unha vida detrás do mostrador na churrería da rúa Galera, onde todos a recordarán sempre ao pé do canón.

2017

UN PREMIO A NOSA TRAXECTORIA

A principios de ano avistamos un novo premio no horizonte, e non nos equivocamos: recibimos o Premio Picadillo ao mellor produtor pola nosa traxectoria profesional ao longo dos anos. Un premio que recollemos no Forum Gastronómico de ExpoCoruña.

O CAPITÁN

CÉSAR BONILLA VÁZQUEZ

César Bonilla Vázquez, terceira xeración dunha familia dedicada á gastronomía. O seu buque insignia son as súas cinco churrerías Bonilla a la vista, todo un símbolo da hostalaría da Coruña.

¿ POR QUÉ

BONILLA A LA VISTA ?

O pai do noso capitán foi cabo de maniobra. Cando volvía ao barco gritaba a proclama: “Bonilla a la vista” para responder á típica frase: “alto, quen vai.”

Empregamos cookies propias e de terceiros que nos sirven para analizar a navegación e mellorar a interacción coas redes sociais. Si continuas navegando entendemos que estas de acordo co seu uso. Pode obter máis información ou saber como cambiar a configuración na nosa política de cookies Ver política de cookies

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Pechar